Jorge's profileSICE ColectividadPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    10/28/2009

    SICE Colectividad


     

     
    A XUNTA E A ORGANIZACIÓN DE ESTADOS IBEROAMERICANOS COLABORAN PARA CONSOLIDAR O INSTITUTO PARA O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN EDUCATIVA   
    Buenos Aires - 24/10/2009 - Xunta de Galicia - Gabinete de Comunicación
     
    - O Conselleiro de Presidencia firmou co Director Rexional da OEI o convenio, nun acto no que estivo presente Ministro de Educación arxentino, Alberto Estanislao Sileoni.
     
    - Alfonso Rueda traslada aos participantes no programa “Volver á terra” que son un exemplo para a Galicia territorial.
     
    - O titular de Presidencia tamén clausurou un curso de auxiliares de enfermería organizado pola Fundación Galicia Emigración.
     
    O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o Director da Oficina Rexional en Bos Aires da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) para a Educación, a Ciencia e a Cultura, Darío Pulfer, asinaron este venres na capital arxentina un convenio de colaboración para a consolidación do Instituto para o Desenvolvemento e a Innovación Educativa (IDIE) en Arxentina, nun acto no que tamén estivo presente o Ministro de Educación do Goberno arxentino, Alberto Estanislao Sileoni.
     
    O convenio rexe a colaboración entre ambas institucións no proxecto de consolidación do IDIE, que contará cun orzamento para este mesmo ano de 127.000 euros, dos cales 100.000 son aportados pola Xunta de Galicia. O obxectivo do acordo é consolidar o Instituto que hoxe acolleu o acto de sinatura e potenciar a innovación e a calidade educativa no país sudamericano.

    Tras a firma, o Conselleiro de Presidencia destacou a importancia desta colaboración para o conxunto de arxentinos e galegos, unidos no interese común da mellora da formación como garantía do benestar social. “A comunidade internacional no seu conxunto vese favorecida polo desenvolvemento de iniciativas desta natureza, que evidencian a vontade de seguir traballando e avanzando xuntos”, destacou Rueda, que fixo incidencia no importante papel da cooperación no ámbito educativo para avanzar con seguridade e celeridade no desenvolvemento económico e a equidade social.

    O titular de Presidencia salientou así mesmo que convenios como o ratificado hoxe demostran que a Xunta “mantén e renova o seu apoio” ao IDIE, unha institución que traballa para asegurar a calidade e a calidade do sistema educativo. Nesa liña, insistiu en que a educación é un factor catalizador da innovación e a investigación, que finalmente son os motores do crecemento e do benestar da sociedade. Por iso, situou a investigación educativa como a garantía de acadar vantaxes comparativas no mercado global e competitivo, ao tempo que serve de sostén ás políticas sociais.

    VOLVER Á TERRA

    Antes da firma do convenio, o Conselleiro de Presidencia participou no auditorio do Centro Galicia nun encontro cos participantes no programa "Volver á Terra", no que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, e polo Delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.

    Alfonso Rueda trasladou aos máis de cen asistentes ao acto que representan o mellor que Galicia pode dar ao mundo e que son un exemplo para os habitantes da Galicia interior que, dixo, recibiranos con cariño e admiración cando cheguen á comunidade.

    O Conselleiro apuntoulles que se van atopar cunha Galicia transformada, desenvolvida e moderna, en boa parte gracias ao esforzo dos emigrantes. “De aí a débeda de gratitude que temos con vós”, indicou. Por iso, salientou que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo terá moi presentes aos emigrantes e renovará o compromiso coa diáspora galega.

    Nese sentido, eloxiou o programa "Volver á Terra", que contribúe a vincular aos emigrantes máis aínda coa comunidade da que saíron e a facer que Galicia deixe de ser “a terra dos adeuses”, como dicía Otero Pedrayo, para pasar a ser a terra dos reencontros.

    AUXILIARES DE ENFERMERÍA

    Finalmente, o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desprazouse ao Centro Galego de Bos Aires, onde clausurou o curso de auxiliares de enfermería organizado pola Fundación Galicia Emigración, para mulleres españolas maiores de 35 anos residentes en Arxentina.

    Alí, Rueda eloxiou esta iniciativa da Fundación, clave para favorecer a inserción laboral das mulleres españolas emigrantes e que teñen no sector da atención ás persoas maiores un novo sector de empregabilidade. Por iso, destacou a importancia deste curso de capacitación en auxiliar de enfermería en xeriatría e concluíu garantindo que a Fundación Galicia Emigración, que dirixe José Manuel Castelao Bragaña, seguirá a traballar día a día para contribuír a mellorar a calidade de vida dos emigrantes galegos.


    Comments

    Please wait...
    Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
    You didn't enter anything. Please try again.
    Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
    To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
    Your parent has turned off comments.
    Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
    You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
    Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
    Complete the security check below to finish leaving your comment.
    The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.

    To add a comment, sign in with your Windows Live ID (if you use Hotmail, Messenger, or Xbox LIVE, you have a Windows Live ID). Sign in


    Don't have a Windows Live ID? Sign up

    Trackbacks

    The trackback URL for this entry is:
    http://sice-colectividad.spaces.live.com/blog/cns!64E31D18D85AF549!6870.trak
    Weblogs that reference this entry
    • None